InicioLugo e contornaLugoOs máis pequenos de Lugo lánzanse á pintura nun certame sobre música...

Os máis pequenos de Lugo lánzanse á pintura nun certame sobre música tradicional

Á proba, organizada pola Tradescola, concorreron máis de 200 ilustracións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os máis pequenos da provincia de Lugo sacan lapis, papel e as súas mellores dotes para retratar a música tradicional galega a toda cor. Esa viría sendo a premisa do certame de debuxo organizado nas pasadas semanas pola Tradescola de Lugo, unha plataforma educativa fundada e sostida pola Asociación de Gaiteiras Galegas.

O obxectivo do certame, que vai xa pola súa VIII non era outro que difundir o gusto e interese pola música tradicional galega entre os rapaces da provincia que se implicaron no concurso. En total, e segundo apuntan dende a organización, á proba concorreron máis de 200 ilustracións realizadas polos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da Provincia de Lugo.

Os organizadores destacan as particulares “dotes artísticas” dos participantes e, en particular, dos dez finalistas, que o pasado mércores foron galardoados con diversos agasallos no lucense Pazo de San Marcos. Entre estes, o debuxo gañador do VIII Certame foi Leire Seivane, o CEIP O Cantel de Foz, que agora poderá acceder de balde ás aulas do centro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...