InicioSociedadeLugo, a única cidade onde aumentan os hospitalizados por Covid

Lugo, a única cidade onde aumentan os hospitalizados por Covid

Con todo, seguen baixando os casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de covid-19 en Galicia superaron á baixa a barreira dos 1.300, ao situarse concretamente en 1.270, nunha xornada na que se detectaron 75 novos contaxios, ao redor dunha quincena menos que o día anterior. Iso si, continúa sendo tímido o descenso da presión hospitalaria, cun total de 60 persoas con coronavirus ingresadas –unha menos que 24 horas atrás–.

En concreto, segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, os hospitais galegos contabilizan 45 enfermos de covid en planta –os mesmos que hai un día–, mentres que os outros 15 –un menos– están en unidades de coidados intensivos.

Por áreas sanitarias, alucense foi a única na que se sumou unha persoa máis en unidades convencionais, ata catro, mentres que na UCI mantense un paciente.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos da covid-19, os datos deste domingo consolidan xa tres días consecutivos á baixa e sitúanse nos 1.270 tras caer en 32 nun día. Deste xeito, mantéñense en niveis da primeira metade de agosto do pasado ano.

Por áreas sanitarias, a de Lugo-A Mariña-Monforte ten 154 (-10). Así mesmo, dos novos contaxios de covid-19 detectados, sete son desta provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...