InicioSociedadeO 'Arde Lucus' déixase ver a menos de tres días do arranque...

O ‘Arde Lucus’ déixase ver a menos de tres días do arranque da festividade

"En concreto no que respecta á parte anímica que é igualmente moi importante ver como imos recuperando a normalidade, ver como queremos conciliar a desescalada coa recuperación de espazos", declarou a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo xa está preparada para o pistoletazo de arranque do ‘Arde Lucus’, a festa de recreación do pasado castrexo e romano da cidade de Lugo.

A menos de tres días do inicio da festividade, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que as rúas e as prazas do municipio “xa están tinguidas de historia, de recreación, de luz e de cor”.

Méndez puxo o acento na “necesidade” do Arde Lucus en clave “de saúde”. “En concreto no que respecta á parte anímica que é igualmente moi importante ver como imos recuperando a normalidade, ver como queremos conciliar a desescalada coa recuperación de espazos”.

Así mesmo, estas actividades “axudan e contribúen á dinamización económica de Lugo, do sector da hostalaría, do comercio”, polo que “é moi necesario seguir activando estas iniciativas, sempre desde a cautela e da prevención, porque a pandemia segue estando aí”.

“Vese como se segue incrementando nalgún número os afectados, por tanto debemos de ser cautos, precavidos, pero debemos tamén de conciliar a recuperación da normalidade cando é a directriz que marca a Xunta de Galicia na desescalada e nós temos que seguir crecendo en recuperar as rúas para o lecer e tamén para a reactivación económica”, resaltou.

+ posts

ÚLTIMAS

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Policía Local desaloxa un establecemento logo da negativa do propietario a abrir o enreixado

A Policía Local de Lugo desaloxou de madrugada un establecemento hostaleiro situado na Rúa...