InicioLugo e contornaLugo recibirá 380.000€ pola caída do transporte público na pandemia

Lugo recibirá 380.000€ pola caída do transporte público na pandemia

Forma parte dun paquete de axudas do Goberno central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou os 13,8 millóns concedidos polo Executivo a cidades galegas pola caída de ingresos do transporte público no contexto de pandemia. “Con estas axudas, recoñecemos o esforzo tamén excepcional que fixeron e seguen facendo os gobernos locais para seguir prestando servizos esenciais para a cidadanía nos momentos de crise sanitaria”, explica o delegado.

En concreto, o BOE deste mércores publica o Real Decreto polo que se conceden subvencións a municipios que prestan o servizo de transporte público. O Real Decreto materializa o acordo adoptado polo Consello de Ministros a proposta dos Ministerios de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e de Facenda.

Segundo se indica, cinco cidades galegas recibirán 13.817.582,35€, unha cantidade que se acordou en función da información achegada polos propios concellos sobre os ingresos do servizo do transporte urbano no ano anterior á pandemia, o 2019. As axudas chegarán á Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo, pero non Pontevedra ou Ferrol. No caso de Lugo serán 381.143,08€.

“Esta cantidade corresponde ao 40% do que facturaron estes servizos nese ano, que é o que se estima que deixaron de ingresar polas restriccións de mobilidade e outras derivadas da pandemia”, engade. En total, remarca, o Goberno repartirá nos próximos días 433,9 millóns de euros entre entidades locais para compensar a redución de ingresos do transporte público causada polas restricións de mobilidade e a redución de aforamentos nos vehículos durante a pandemia do Covid-19.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...