InicioSociedadeLugo é a provincia con menos mobilizade durante a pandemia

Lugo é a provincia con menos mobilizade durante a pandemia

O 15 de xullo de 2020 alcanzouse o máximo de mobilidade cotiá desde o inicio da pandemia en Galicia, cun 22,91% de persoas saíndo da súa área de residencia,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 15 de xullo de 2020 alcanzouse o máximo de mobilidade cotiá desde o inicio da pandemia en Galicia, cun 22,91% de persoas saíndo da súa área de residencia, segundo os estudos de mobilidade da poboación a partir da telefonía móbil 2020-2021.

Pola contra, o mínimo deuse o 5 de abril, cun 5,97% de persoas saíndo da súa área de residencia. Mentres, o 23 de decembro do pasado ano, a mobilidade situouse no 17,53%.

A 26 de maio de 2021, o último dato dispoñible, a porcentaxe alcanza o 19,36% e a súa distribución por provincias é o seguinte: 20,91% Pontevedra, 19,39% A Coruña, 18,74% Ourense e 15,39% Lugo.

Por áreas, a 26 de maio, a de Barro e Pontevedra chega ao 27,36% de mobilidade cotiá, mentres que a de Santiago de Compostela e Trazo, outra das máis elevadas da comunidade, sitúase no 26,45%.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) retoma este xoves a publicación de estudos de mobilidade da poboación a partir do posicionamento dos teléfonos móbiles, con datos que se actualizarán cada semana.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...