Home Comarca da Fonsagrada A Fonsagrada Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago na Fonsagrada

Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago na Fonsagrada

0
Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago na Fonsagrada

Ecoloxistas en Acción denuncia que no Concello da Fonsagrada preténdese construír sobre o Camiño de Santiago primitivo unha rotonda de acceso a un polígono industrial que ocasionaría a destrución completa dun tramo do Camiño Primitivo catalogano como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e ben de interese cultural pola Xunta.

A organización ecoloxista alerta de que o plan xeral da ordenación municipal da Fonsagrada, aprobado pola Xunta e o Goberno Municipal, sitúan o desenvolvemento do polígono na marxe dereita da estrada Fonsagrada-Lugo, na parroquia de Padrón. Esta localización invade distintas zonas por onde discorre o camiño.

Ecoloxistas en Acción sinala que de levarse a cabo o proxecto, este suporía un dano irreparable a un ben Patrimonio da Humanidade. Solicita ás institucións implicadas que non sigan cunha iniciativa que suporía a degradación deste tramo do camiño primitivo e unha perda do patrimonio cultural e paisaxístico que afectaría a veciños e peregrinos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here