InicioSociedadeLugo, a única área sanitaria galega que experimenta un aumento destacable de...

Lugo, a única área sanitaria galega que experimenta un aumento destacable de casos covid

Aumentan os novos casos, os casos activos e os hospitalizados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia inicia esta semana cunha repunta dos hospitalizados pola Covid-19 a 125 pacientes, oito máis que a xornada anterior, e un descenso dos novos contaxios a 76, que supoñen 48 menos, mentres que os casos activos manteñen a tendencia descendente e redúcense a 2.262.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste domingo, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe nas de Santiago e Barbanza, Ourense, Pontevedra e O Salnés e Lugo. Nesta última, continúan tres en críticos e ascenden a 12 os doutras unidades –tres máis–.
MÁIS CASOS ACTIVOS
Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia seguen coa tendencia descendente e encadean nove xornadas consecutivas de caída até situarse nos 2.262, que supoñen 38 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (114) que novos contaxios (76). Con todo, experimentan un gran ascenso en Lugo, con nove casos máis, co que o número de contaxiados na provincia é de 253.
Do total de positivos, 75 foron confirmados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, Lugo é tras Vigo a zona con novos contaxiados, con 16.
+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna cun impacto de bala no marco dunha liorta...