InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta licitará en xuño as obras no claustro da Catedral de...

A Xunta licitará en xuño as obras no claustro da Catedral de Lugo

As sondaxes previas aos traballos permitiron sacar á luz restos arqueolóxicos e documentar varios muros e unha negrópolis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, adiantou este sábado que a Xunta licitará nas primeiras semanas de xuño, por un total de 650.000 euros, as obras para garantir a conservación do claustro da Catedral de Lugo, que presenta danos polo paso do tempo e por factores ambientais.

Este anuncio realizouno o titular de Cultura durante unha visita realizada á basílica, onde explicou que esta actuación está enmarcada no plan de catedrais no que traballa o Goberno galego para poñer a punto estes templos entre 2021 e 2027. Esta folla de ruta, dixo Rodríguez, é unha “útil ferramenta que marca a folla de ruta dos próximos anos no ámbito patrimonial e que servirá para que as nosas catedrais afronten a ‘década xacobea’ nas mellores condicións de conservación”.

A primeira intervención en Lugo ao amparo do plan de catedrais da Xunta estará centrada en resolver as patoloxías que afectan o claustro dun templo que definiu como “unha das xoias do Camiño Primitivo”. “Trátase dunha actuación que estamos a piques de licitar e que contará cun prazo de execución de seis meses, polo que estará lista no ano 2022”, concretou o conselleiro. De feito, o inicio do proceso administrativo coincidirá coa celebración do 90 aniversario da declaración desta basílica como Monumento Histórico-Artístico Nacional, que se conmemorará o vindeiro xoves, día 3.

Para dar inicio a estes traballos, xa se realizaron unha serie de sondaxes arqueolóxicas na zona co fin de avaliar o seu sistema construtivo e a súa potencialidade. Esta obra, segundo informa a Xunta, permitiu sacar á luz restos arqueolóxicos de diferentes épocas históricas que van desde o Imperio Romano ata actualidade, así como documentar varios muros e unha necrópole.

Co arranque da restauración na basílica lucense, a Xunta traballa xa en cinco templos catedralicios –todos eles vinculados ao Camiño de Santiago– co horizonte do Xacobeo 2027. Neste contexto, o conselleiro de Cultura incidiu en que estas actuacións “requiren que todas as administracións implicadas traballen xuntas, de maneira planificada, coordinada e sumando vontades e esforzos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...