InicioMovementos sociaisUn mapa sonoro recollerá testemuñas da memoria LGTBIAQA+ da provincia de Lugo

Un mapa sonoro recollerá testemuñas da memoria LGTBIAQA+ da provincia de Lugo

O proxecto "Facémonos escoitar?" busca construír a memoria LGTBIQA+ en distintas comarcas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Museística Provincial e o Colectivo Agrocuir da Ulloa colaboran na posta en marcha do proxecto “Facémonos escoitar?” que ten como obxectivo recoller testemuñas orais para “construír a memoria LGTBIQA+” en distintas comarcas. 

Con este proxecto crearase un mapa interactivo no que aparecerán audios xeolocalizados relacionados coa diversidade sexual e de xénero que fosen enviados pola cidadanía. “Non buscamos unicamente persoas LGTBIQA+, senón calquera persoa que considere que ten algunha historia significativa que contar para a historia do colectivo da provincia de Lugo“, explica o membro de Colectivo Agrocuir da Ulloa, Adrián Gallero.

A convocatoria está aberta a persoas, colectivos e institucións, que poderán mandar as súas expereicnias a través do enderezo electrónico agrocuirsaulloa@gmail.com. A partir do recurso interactico, tamén se creará unha exposición itinerante polos museos que conforman a Rede Museística Provincial e un roteiro pola cidade de Lugo que una os lugares que son escenario da memoria LGTBIQA+.

A iniciativa, na que tamén colabora a Cooperativa Indaga, pretende visibilizar a diversidade sexual. Ademais, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, incidiu na importancia de “construír relatos propios vinculados ao noso territorio e especialmente ao rural, que teñen un papel fundamental na construción da identidade colectiva”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...