InicioEconomíaAdif adxudica as obras de adecuación da infraestrutura en 14 quilómetros do...

Adif adxudica as obras de adecuación da infraestrutura en 14 quilómetros do tramo Monforte-Lugo

O importe é de 3,2 millóns

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adif adxudicou un contrato por importe de 3.207.183,84 euros para o tratamento de elementos de infraestrutura (pontes, terrapléns e trincheiras) nun tramo duns 14 quilómetros do traxecto que une Monforte de Lemos e Lugo.

O contrato, conforme detallou Adif nun comunicado, comprende o tratamento de 14 pontes, un terraplén e tres trincheiras entre os quilómetros 361/143 e 375/305 da liña Palencia-A Coruña, entre Monforte de Lemos e Rubián, e foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Dragados e Tecsa.

Tamén se mellorará a drenaxe da infraestrutura, mediante a construción de novos elementos de drenaxe e a limpeza yadecuación dos xa existentes.

Estes traballos, cun prazo previsto de 6 meses e 15 días, formanparte dos proxectos de modernización do corredor ferroviarioOurense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen unha dobre finalidade:mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade de laslíneas e a calidade do servizo.

Ademais, servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo. Adif apuntou que as actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo cumprir os seus compromisos coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...