InicioLugo e contornaLugo6.400 persoas entre os 50 e 59 anos recibirán esta semana a...

6.400 persoas entre os 50 e 59 anos recibirán esta semana a primeira dose da vacina

Esta semana recibirán a vacina arredor de 18.000 persoas nos tres hospitais públicos da provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unhas 6.400 persoas con idades comprendidas entre os 50 e os 59 anos de idade recibirán esta semana a primeira dose da vacina contra a Covid-19 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, segundo informaron fontes do Sergas a Europa Press. Para esta semana, do 24 ao 29 de maio, foron citadas ao redor de 18.000 persoas para recibir a vacina nos tres hospitais públicos da provincia de Lugo.

Este luns foi dedicado ás persoas que non acudiron no seu momento á cita programada, así como á aplicación de segundas doses a colectivos concretos.

Este martes -día 25- e o mércores estarán dedicados á inmunización do colectivo de 50 a 59 anos, con aplicación de 6.400 doses entre ambos os días: 4.200 no HULA, 1.300 na Mariña e 900 en Monforte de Lemos.

SEGUNDA DOSE DE 70 A 79 ANOS

O xoves estará dedicado, de novo, a rescates, mentres que o venres e o sábado serán para a aplicación de segundas doses na poboación de 65 a 69 anos de idade.

Entre ambos os días serán aplicadas algo máis de 10.000 doses da vacina correspondente: Máis de 6.500 no HULA, 2.155 na Mariña e 1.385 en Monforte.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...