InicioTerra CháVilalbaBuscan en Vilalba máis casos de covid tras un foco con 22...

Buscan en Vilalba máis casos de covid tras un foco con 22 persoas afectadas

A incidencia, a día de hoxe, xa é de 120 casos por cada 100.000 habitantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo galego de saúde (Sergas) informou de que mantén a vixilancia sobre un brote de covid-19 que xa afecta a 22 persoas na localidade lucense de Vilalba, despois de que o número de casos activos non deixase de aumentar na última semana, até o punto de que a incidencia, a día de hoxe, xa é de 120 casos por cada 100.000 habitantes.

En declaracións a EFE, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que todos os casos foron “identificados e trazados”, ademais de aclarar que están relacionados cun brote detectado nun dos colexios e no instituto da localidade.

De feito, no instituto de Vilalba xa se realizou un cribado e, con máis de 100 probas realizadas, foron detectados catro positivos. En calquera caso, precisou que todos “os contactos estreitos” deses casos positivos foron xa identificados e a evolución do brote é positiva”.

Ares aclarou que, en todo caso, non se trata dun brote “explosivo”. Tamén confirmou que están controladas a día de hoxe “as cadeas de trasmisión do brote laboral” detectado en Viveiro e Cervo, onde seguiron aparecendo casos a semana pasada.

ÚLTIMAS

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel...

Os gandeiros manteñen a protesta indefinida en Lugo e advirten de que Mercosur traerá “pobreza e lumes”

Os gandeiros e agricultores galegos continúan en pé de guerra contra o acordo comercial...

A Fiscalía pide 20 anos de cárcere para un home acusado de agredir sexualmente a un menor contactado por Tinder

A Audiencia Provincial acolleu este martes o xuízo contra un home de 34 anos,...

O PPdeG denuncia que o PSOE e o BNG consumarán en Lugo un “pacto porco” cun presunto agresor sexual

O PPdeG asegurou que o Partido Socialista e o BNG consumarán este mércores o...