InicioA UlloaComezase a notar un aumento de casos tras o fin do estado...

Comezase a notar un aumento de casos tras o fin do estado de alarma

A provincia de Lugo volveu superar a barreira dos 200 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A segunda fin de semana tras o final do estado de alarma experimentou unha leve repunta dos novos contaxios detectados, ata os 184, mentres que os casos activos sitúanse en 2.685, unha decena máis.

En canto á presión hospitalaria, segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, a baixada explícase polo acusado descenso dos pacientes en planta, ata o total de 108 –oito menos que 24 horas atrás–, xa que os que permanecen en unidades de coidados intensivos creceron nun, ata os 31 enfermos.

Por áreas sanitarias, os ingresados aumentaron na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, con oito pacientes –un máis–, mentres en críticos só permanece un –sen variacións–.

CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos romperon coa cadea de tres xornadas consecutivas de tendencia descendente, ao repuntar nos datos deste sábado ata os 2.685, cifra que supón 10 máis. Isto débese a que os novos diagnósticos superaron ás altas nas últimas 24 horas.

Un ascenso que tamén se deu en Lugo-A Mariña-Monforte, que volveu superar a barreira dos 200, en concreto, 206 (+14).

LIXEIRO ASCENSO DE CONTAXIOS

En canto aos contaxios de covid-19 detectados no conxunto de Galicia mediante calquera tipo de proba, ascenderon lixeiramente a 184. Esta cifra supón un ascenso de oito con respecto ao día anterior, pero é que ademais é a máis alta de toda a semana.

Do total, 158 positivos foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 18 correspóndense a área de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Lugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral

Esta madrugada pechouse con 450 persoas participantes a inscrición na 5ª edición da Carreira...