InicioSociedadeUnha condutora implicada nun accidente presenta unha taxa de alcol seis veces...

Unha condutora implicada nun accidente presenta unha taxa de alcol seis veces superior á permitida

O choque entre os dous vehículos produciuse na rúa Rof Carballo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha condutora implicada nun accidente de circulación no centro urbano da cidade de Lugo presentou unha taxa de alcol case seis veces superior á permitida legalmente, segundo informou a Policía Local. O accidente, un choque entre dous vehículos, produciuse este luns nun tramo da rúa Rof Carballo.

A condutora dun dos coches presentaba síntomas claros de embriaguez, de modo que foi sometida á correspondente proba de alcoholemia, na que deu unha taxa de 1,36 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case seis veces máis do permitido pola lei. Por iso, foi sometida a unha investigación por supostamente infrinxir a lexislación sobre seguridade viaria mediante unha instrución para a modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...