InicioEconomíaCampaña da Deputación para fomentar o turismo de proximidade co programa 'Coñece...

Campaña da Deputación para fomentar o turismo de proximidade co programa ‘Coñece a túa provincia’

O presidente da Deputación, José Tomé, resumiu que o programa abarca "viaxes de pequenos grupos, dun día de duración" a través da provincia de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informou este venres da aprobación en Xunta de Goberno dun novo programa de fomento de turismo de proximidade bautizado como ‘Coñece a túa provincia’, para o que se destinarán 300.000 euros.

A iniciativa, explicou o presidente provincial, nace “con vocación de continuidade” e desenvolverase este ano e o próximo, coa posibilidade que se prorrogue máis aló de 2022.

José Tomé resumiu que o programa abarca “viaxes de pequenos grupos, dun día de duración” a través da provincia de Lugo. Para iso, convidou a participar a calquera asociación sen ánimo de lucro, que poderán presentar ofertas ata xuño e, en setembro, comezar con estas rutas, que se farán de luns a venres, ata novembro.

En total ofrécense 4.300 prazas e 37 rutas gratuítas, oito na comarca da Mariña, 10 itinerarios na Ribeira Sacra, 11 en Lugo Centro e A Terra Chá e o resto para a comarca de Ancares-O Courel, na montaña da provincia.

Tomé aproveitou para destacar que esta iniciativa se porá en marcha con “recursos propios”, perseguindo favorecer tres dos sectores “máis castigados pola pandemia”, como son o turismo, a hostalaría e o “comercio local”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...