Home Economía Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizaciós e piden xa que a SEPI interveña a planta

Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizaciós e piden xa que a SEPI interveña a planta

0
Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizaciós e piden xa que a SEPI interveña a planta
Un traballador sostén unha bengala durante unha nova manifestación convocada polo Comité de Alcoa na que cortan o tráfico na estrada N-642 e o acceso ao corredor C.G.2.3 á altura de Lago, en Xove, Lugo. Carlos Castro - Europa Press

O comité de empresa de Alcoa anunciou, despois da reunión que mantivo este venres coa dirección da multinacional para analizar a carta remitida á compañía polo Ministerio de Industria, o inicio inminente dun calendario de mobilizacións, para conseguir “que os políticos se mollen”.

Nese sentido, en declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité, José Antonio Zan, aclarou que os traballadores piden a participación da SEPI “porque é a garantía, o que realmente lle dá certeza a esta operación”.  En todo caso, lembrou que a participación da SEPI é “unha decisión política”, polo que os traballadores están dispostos a “ir a todos os sitios que teñan que ir para que digan o que teñan que dicir” e cumpran cos acordos aprobados tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento de Galicia.

“Non podemos permitir que nos pase como aos compañeiros da Coruña e Avilés“, dixo Zan, quen insiste en que a SEPI ten que facer a operación, aínda que Alcoa debe empezar negociar co único comprador que hai neste momento, que é o grupo Liberty”, dixo.

CERTEZA

“Os políticos teñen que dar certdzx e non botar máis barro a algo que xa está suficientemente enfangado”, dixo Zan, quen tamén considera que calquera negociación debe desenvolverse cos plans industriais e enerxéticos sobre a mesa.

En canto ás mobilizacións, asegurou que serán convocadas dunha forma “intelixente” e pediulle á comarca da Mariña que se some a elas para demostrar “a súa forza”. “Temos que demostrar que temos esa forza, porque se non van pasar de nós“, lamentou. A próxima reunión do comité con Alcoa está prevista para o martes, día 18 de maio, e o comité espera que a multinacional se pronuncie e “diga si ou non” ao acordo de venda.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here