InicioSociedadeAumentan os pacientes covid na provincia

Aumentan os pacientes covid na provincia

Hai menos casos activos tras rexistrarse 14 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As cifras da pandemia da covid-19 en Galicia mostran unha baixada da presión hospitalaria, ata o total de 184 ingresados, e dos casos activos da enfermidade, ata os 2.933, por segundo día consecutivo. Todo a pesar de sufrir unha leve repunta os novos contaxios de coronavirus detectados en 24 horas, que ascenderon a 159.

De acordo cos datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, os pacientes covid ingresados descenderon en catro nas última xornada, ata contabilizar 146 en planta –dous menos– e 38 en unidades de coidados intensivos –tamén dous menos–.

Con todo, aumentaron na área de Lugo-A Mariña-Monforte, a 11 (+3), aínda que en críticos mantéñense en dous.

BAIXAN Os CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos da enfermidade, descenderon por segundo día consecutivo. De acordo cos datos deste venres, os pacientes sitúanse en 2.933, tras un descenso de 21 –grazas a que as altas superaron os novos diagnósticos–. De feito, descenderon en cinco das sete áreas sanitarias, entre elas, a de Lugo-A Mariña-Monforte, a 196 (-8).

REPUNTAN OS CONTAXIOS

Así mesmo, en Galicia detectáronse 159 casos de coronavirus con calquera tipo de proba nas últimas 24 horas –133 confirmados cunha PCR–. Isto implica unha lixeira repunta de 14 con respecto aos notificados o día previo, pero seguen en cifras similares do inicio da semana.

Do total das novas infeccións detectadas, na de Lugo-A Mariña-Monforte hai 14 novos contaxiados.

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados aumentou lixeiramente ata un 2,9%, despois do 2,3% do xoves, pero segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...