InicioSociedadeNon se detectan novos casos no novo cribado realizado na Deputación de...

Non se detectan novos casos no novo cribado realizado na Deputación de Lugo tras un contaxio

Tres persoas continúan o desenvolvemento do seu traballo en remoto, a contaxiada e outras dúas consideradas como contactos estreitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cribado realizado con probas diagnósticas da covid-19 a persoal da Deputación de Lugo tras detectarse un positivo na área de Recadación non detectou novos casos.

Segundo trasladou a institución provincial, as probas realizáronse a 37 traballadores de Recadación despois de que este martes se confirmara o contaxio dun profesional nas oficinas situadas na rúa Tui.

Deste xeito, a Deputación Provincial adoptou as medidas para minimizar os riscos de propagación do virus establecidas polas autoridades sanitarias, reforzándoas en base a protocolos propios deseñados polo servizo de Prevención. Así, activouse o traballo non presencial para o persoal da área de recadación ata coñecerse os resultados do cribado.

Tras non detectarse novos casos, tres persoas continúan o desenvolvemento do seu traballo en remoto, a contaxiada e outras dúas consideradas como contactos estreitos, mentres os demais traballadores reincorporáronse ás oficinas.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...