InicioSucesosO acusado de agredir sexualmente a unha menor nun garaxe de Lugo...

O acusado de agredir sexualmente a unha menor nun garaxe de Lugo acepta catro anos de prisión

O mozo será expulsado ao seu país natal, Colombia, cando teña cumprida a metade da condena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de nacionalidade colombiana acusado de agredir sexualmente a unha menor nun garaxe de Lugo o día de Ano Novo de 2020, aceptou unha pena de catro anos de prisión. Desta forma, ve rebaixada a pena que requirían inicialmente a Fiscalía e a acusación particular de nove anos a menos da metade. Ademais, non poderá aproximarse a menos de 100 metros da menor durante os próximos 10 anos e deberá abonar unha indemnización de 9.000 euros.

O acordo entre as partes tamén contempla que unha vez cumprida a metade da condena, dous anos –dos que xa leva máis dun na prisión de Bonxe–, será expulsado do país e non poderá regresar a España nun prazo de 5 anos.

O xuízo quedou visto para sentenza na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, por uns feitos que ocorreron sobre as 5,30 horas do 1 de xaneiro de 2020, cando o procesado, “aproveitándose do estado de intoxicación etílica e submisión química no que se atopaba a menor”, á que se topou na vía pública nas inmediacións da Praza Maior de Lugo dirixiuna a un garaxe apartado.

O home, que recoñeceu os feitos, “agarrouna polo pescozo” e “tapoulle a boca” situándose encima dela “mentres lle quitaba a roupa e pegáballe na cara”. Ademais, comezou a “tocarlle os peitos e a vagina” e a “tentar penetrala vaxinalmente”, aínda que non logrou este último propósito.

Nese momento, foi sorprendido por un viandante que escoitou gritar á menor, que sufriu lesións a consecuencia dos feitos. Ao día seguinte o home foi detido e ese mesmo día acordouse o seu ingreso en prisión provisional.

A avogada do procesado, Fernanda López, explicou que unha vez que cumpra a metade da condena, deses catro anos, substituirase ” por expulsión” do país o resto de pena. A letrada aclarou que se trataba dunha “conformidade” e que a expulsión suporá que ten que volver ao seu país de orixe, Colombia, “e non pode volver entrar en territorio español en cinco anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...