InicioSociedadeBaixan os pacientes covid pero soben os novos contaxios na provincia

Baixan os pacientes covid pero soben os novos contaxios na provincia

A pesar da baixada de casos en Galicia, na área de Lugo aumentaron en catro activos e 12 novos contaxios por PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados pola Covid-19 na Comunidade galega caeron por baixo dos 200 ata os 190, que supoñen 19 menos que a xornada anterior, mentres que os novos contaxios descenderon a 121, unha trintena menos que no inicio desta semana, a primeira tras decaer o estado de alarma o domingo. Pola súa banda, os casos activos seguen coa tendencia descendente e caen a 2.977.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, os pacientes Covid ingresados en UCI descenden a 43, tres menos, e os que permanecen noutras unidades redúcense a 147, que implican 16 menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na área de Lugo, que segue cun paciente en críticos e reduce a sete os doutras unidades –dous menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos encadean cinco xornadas consecutivas en descenso e sitúanse en 2.977, que implican sete menos que o día pasado, ao haber de novo máis altas (128) que contaxios (121). Unha situación que non acontece na área de Lugo, onde as infeccións activas aumentan (+4) co que o número de casos activos é de 226.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba na Comunidade galega seguen a tendencia descendente do inicio desta semana e baixan a 121 tras arrincala con 152, que supoñen 31 menos. Do total de novos positivos, 103 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas no conxunto de Galicia, deles, 12, na área de Lugo

Ademais, Galicia realizou 2.134.205 PCR desde o inicio da pandemia, que supoñen 8.187 probas máis que as rexistradas ata a xornada anterior e un milleiro menos que as feitas o día pasado.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– caeu a un 1,39 por cento tras repuntar un 2,3% no inicio desta semana. Por iso, mantense por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...