InicioSociedadeUn lucense conquista o fondo do océano sumerxíndose a máis de 10.000...

Un lucense conquista o fondo do océano sumerxíndose a máis de 10.000 metros na Fosa das Marianas

"Decátaste do profunda que é cando tardas 4 horas e media en chegar ao fondo", relata.

PUBLICADA O

Un lucense na Fosa das Marianas. O galego Héctor Salvador vén de ser converter na primeira persoa do Estado en descender ata un dos puntos máis profundos da fosa das Marianas, considerado o abismo máis afundido de todos os océanos da terra. Salvador descendeu os 10.706 metros no abismo da Serea, o segundo punto máis profundo da fosa das Marianas e o terceiro máis profundo do mundo.
A inmersión, que durou máis de catro horas e foi desenvolta con fins científicos, tivo lugar a bordo do submarino DSV ‘ Limiting Factor’, o único vehículo privado preparado para traballar nas condicións extremas da fosa das Marianas. Este piloto experimentado convértese así na primeira persoa do Estado en descender a un punto tan profundo no planeta, inmersión que desenvolveu para recuperar parte dun material perdido e analizar a presenza de microbios no sedimento da fosa.
“Decátaste da profundidade monumental da fosa das Marianas cando tardas máis de catro horas e media en chegar ao fondo. As dramáticas formacións do leito mariño, onde a cortiza oceánica máis antiga do mundo está a ser destruída baixo a Placa das Marianas, son testemuña muda das inmensas forzas que dan forma ao noso planeta. Foi sobrecolledor poder contemplar o lugar máis sagrado dos nosos océanos cos meus propios ollos”, engade Salvador.
Escribes na noticia un shortcode (cos corchetes) Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...