InicioSociedadeBaixan os hospitalizados pero soben os casos activos na provincia

Baixan os hospitalizados pero soben os casos activos na provincia

Hai 10 casos activos máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 ascenderon con respecto ao comezo desta semana ata os 125, o que supón 22 máis, mentres que os pacientes ingresados debido a este coronavirus descenderon a 212, dous menos, e os casos activos reducíronse lixeiramente por segunda xornada consecutiva a 3.027. Tamén baixaron nun milleiro as probas PCR realizadas.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, nos que se sinala que descenden a 47 os pacientes Covid en UCI en Galicia, tres menos, e soben a 165 os que se atopan noutras unidades, un máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Lugo, onde caen a tres os ingresados en críticos –un menos– e a 10 os doutras unidades –dous menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Por segunda xornada consecutiva esta semana os casos activos de Covid-19 descenderon ata situarse nos 3.027, o que supón tres menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (127) que contaxios (125), ao que se engade un novo falecido. Con todo, subiron na área de Lugo que rexistrou 10 casos máis e queda con 224 contaxiados activos.

MÁIS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba aumentaron a 125 tras iniciar a semana con 103, o que supón 22 máis, tras situarse por encima dos 200 varios días a semana pasada. Na área de Lugo houbo catro máis por PCR.

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– mantense por baixo do dous por cento cun 1,7%, tras situarse nun 1,6% o día anterior. Deste xeito, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...