InicioMedioambiente e PatrimonioUn paseo fluvial porá en valor o nacemento do río Miño en...

Un paseo fluvial porá en valor o nacemento do río Miño en Meira

Trátase dun terreo de 5.528 m2 situado nas proximidades do Pedregal de Irimia, unha zona estratéxica polo nacemento do río Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a un convenio interadministrativo co Concello de Meira polo cal se compromete a cooperar na adquisición de terreos para a construción dun paseo fluvial no río Miño ao seu paso polo municipio meirense.

A institución provincial investirá 25.000€ para a compra dunha finca de 5.528 m2 coñecida como Monte Irimia, que está situada no entorno do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño.

O concello de Meira é o punto do nacemento do río máis importante de Galicia, a uns 3 quilómetros do centro da vila. Situado a 700 metros de altitude, o berce deste río percorre 315 quilómetros e atravesa 3 das 4 provincias galegas, facendo fronteira con Portugal.

Considerada unha zona de especial protección medioambiental, o Pedregal de Irimia ten un gran valor social e natural e a Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Meira, entende necesario promover aquelas accións que permitan a súa conservación.

+ posts

ÚLTIMAS

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

  O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou...

CCOO chama á unidade sindical para negociar o convenio do comercio de alimentación en Lugo

A Federación de Servizos de CCOO Galicia fixo un chamamento ao resto de organizacións...

Cáritas Lugo alerta: medran os migrantes atendidos e os maiores sós, pero “a pobreza ten cara de muller”

Un total de 7.834 persoas foron atendidas por Cáritas Diocesana de Lugo ao longo...

A Deputación celebra o 182 aniversario da fundación da Garda Civil

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nos...