InicioSociedadePonse a andar o Centro de Atención a Maiores en Meira que...

Ponse a andar o Centro de Atención a Maiores en Meira que estará listo no verán

Así o anunciou a Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo e o Concello de Meira asinaron este xoves un convenio de colaboración, cun investimento de 850.000 euros en tres anualidades, para a posta en marcha dun Centro de Atención a Maiores nesta localidade, que esperan poder abrir “para o verán”.

Segundo informou a Deputación lucense, este centro contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose preciso, e outras 20 de centro de día. Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de prazas para que opten a elas as persoas interesadas.

Ademais, a institución provincial licitou o equipamento para estas instalacións por case 300.000 euros. “Seguimos dando pasos importantes para cumprir cos compromisos e demostramos con feitos que o modelo de xestión pública é o sistema que funciona”, destacou o presidente da entidade, José Tomei Roca.

+ posts

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...