InicioSociedadeA Xunta destinará case cinco millóns á área sanitaria de Lugo para...

A Xunta destinará case cinco millóns á área sanitaria de Lugo para facer fronte á pandemia

A práctica totalidade do orzamento vai para a compra de material sanitario e material de laboratorio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou esta mañá a tramitación de emerxencia dun expediente de contratación, por valor de 4.718.117 euros, para a adquisición de bens e materiais, así como á contratación de servizos e a realización de pequenas obras na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

A práctica totalidade deste orzamento vai destinado á compra de material sanitario, con
2.110.146 euros e material de laboratorio por valor de 2.147.222 euros. A adquisición de material sanitario comprende, sobre todo, equipamento de protección como batas, máscaras e luvas de diversos tipos, solución hidroalcohólica e pantallas de protección, así como contedores de residuos e transporte de mostras.

No referido ao material de laboratorio, correspóndense con distintos reactivos, controis, calibradores, test serolóxicos e de antíxenos e diversos consumibles tales como hisopos e pipetas, básicos para a realización do diagnóstico da covid-19 nos laboratorios de microbioloxía

Ademais destas cantidades, tamén se destinan 95.000 euros a servizos de transporte, 80.793 euros para tarefas de limpeza e aseo, 37.076 euros en produtos farmacéuticos, 23.863 euros para mantemento de equipamentos para procesos de información e 20.597 euros para traballos de mantemento de edificios e outras construcións. O orzamento complétase coa adquisición de vestiario, e arrendamento de maquinaria, de instalacións e de utensilios entre outros.

A adquisición de todo este material e a contratación dos servizos detallados xustifícase dentro do protocolo de actuación para facer fronte á epidemia da covid-19 que elaborou no seu día o Comité de expertos no seguimento do coronavirus, e que recolle, entre outras medidas, a necesidade de facer provisión de materiais e recursos necesarios no caso de posibles gromos.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...