InicioSociedadeO doutor Lorenzo Armenteros: "Ao que hai que ter medo é ao...

O doutor Lorenzo Armenteros: “Ao que hai que ter medo é ao virus, non ás vacinas”

O voceiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia confía en que a chegada de Janssen permita aumentar o ritmo da vacinación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia para o coronavirus, o lucense Lorenzo Armenteros, afirmou este xoves que “ao que hai que ter medo é ao virus” e non “ás vacinas”.

“Ao que hai que ter medo é ao virus, que é o que provoca todas estas alteracións moi graves e que pode chegar á morte”, defende o facultativo de Lugo. Sobre Janssen, advertiu que “ten unha relación posible”, segundo a Axencia Europea do Medicamento (EMA), “en certos casos de trombos pero da mesma maneira que outras vacinas poden ter outros efectos adversos“. “Supón máis risco o virus e padecer a Covid, cunha gran diferenza a calquera vacina que exista agora mesmo”, volveu insistir.

Sobre o ritmo de vacinación, Armenteros puntualizou que se falou “máis dunha vez que entre 400 e 500.000 vacinas diarias sería o ritmo adecuado“. “A vacina de Janssen ten ademais unha vantaxe, que é que ao ser dunha soa dose podemos considerar vacinada totalmente á persoa que se lle administra e non hai que dar o prazo para unha segunda dose. Isto pode achegar unha gran axilidade na vacinación“, subscribiu.

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais aplaude que “outra das boas noticias é esa gran cantidade de vacinas, a pesar dos inconvenientes da súa loxística”. “E é que xa temos o compromiso de Pzifer de garantir un número importante de vacinas semanais“, abundou. “Son dúas boas noticias que unidas a esa proximidade do 500 mil doses diarias pódenos achegar ao obxectivo da inmunidade de rabaño”, celebrou.

Con todo, Lorenzo Armenteros obxectou que se siga “utilizando os medios que actualmente se dispoñen e non se achegou nada novo” para a administración das vacinas.

PLANIFICACIÓN

Así, afeou que “non se fixo unha planificación do que poidan ser os servizos habituais, que seguen funcionando da mesma maneira, e ademais en moitos dos casos está a tirarse de persoal dos propios servizos de hospitais ou centros de saúde para a realización de máis tarefas das que habitualmente temos”, lamentou.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...