InicioSociedadeCribado no barrio lucense de Montirón pola aparición dun novo gromo

Cribado no barrio lucense de Montirón pola aparición dun novo gromo

Uns 250 veciños serán sometidos a probas PCR no Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, confirmou que o Sergas realizará esta fin de semana un cribado no barrio lucense de Montirón despois de que fosen detectados varios casos positivos nos últimos días.

Ares precisou á prensa que foron citados para ese cribado uns 250 veciños do barrio, que serán sometidos a probas PCR no “autoCovid” instalado no Hospital Universitario Lucus Augusti ( HULA).

Trátase, lembrou, de “detectar posibles casos asintomáticos” e de cortar “cadeas de transmisión”, para evitar que se poida perder o control sobre as mesmas. Tras a aparición de “varios casos positivos” no barrio nos últimos días, é unha forma “de darlle maior tranquilidade” aos veciños e tamén de ter o gromo “controlado”

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...