InicioCulturaXaime Miranda, o director natural da Fonsagrada que o 'peta' cos seus...

Xaime Miranda, o director natural da Fonsagrada que o ‘peta’ cos seus videoclips musicais

Vén de recibir o segundo premio Mestre Mateo consecutivo, neste caso pola súa peza para a canción 'Muinheira de interior' (Boyanka Kostova).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O nome do director Xaime Miranda (A Fonsagrada,1987)  é unha referencia na realización de videoclips no panorama musical galego. Vén de acreditalo o segundo premio Mestre Mateo consecutivo, neste caso para ‘Muinheira do interior‘, canción do grupo de trap Boyanka Kostova. Se este novo galardón demostra que o sector valora a calidade do seu traballo, a cantidade do mesmo é outro baremo máis para medir o seu talento: está tan solicitado que, presumiblemente, acabará o 2021 con máis dunha ducia de obras realizadas, a razón de máis dunha por mes.

PREMIOS

É o segundo Mestre Mateo consecutivo. Como acolles este premio, imaxino que como o da confirmación?

Si, efectivamente. É a sensación de que co primeiro non foi que se confundiran, porque ‘malo será’ que se confundan dúas veces (risadas). É certo que quizais Boyanka Kostova non teñen tanta popularidade como os Heredeiros da Crus, para quenes fixen o anterior videoclip premiado e que foron e son un fenómeno, pero a verdade é que foi máis sorprendente a nominación que despois conseguir o premio, porque posteriormente a canción tivo moita repercursión. O videoclip foi moi visto e compartido en redes e saíu no Luar e no Land Rober. Tivo moito impacto e Boyanka Kostova estanse a facer cun nome, teñen xa un certo peso. E a verdade é que ser nominado de novo e conseguir un premio é unha sorpresa e unha alegría.

No Festival de Cans tamén foron premiadas obras túas, así como no festival de cinema de Ourense. Que importancia teñen estes galardóns para o impulso dunha carreira?

É difícil valorar nun medio como os videoclips o impacto dos premios, porque os clientes son músicos, a quenes coñeces a través doutros. O feito de traballar con algúns grupos vaite levando a outros. A carteira, por así dicilo, de clientes, vaise facendo así. Non estou seguro, a nivel de industria, do peso que teñen estes galardóns á hora de ter traballo. Pero por suposto non os desmerezo, porque fan moitísima ilusión.

Funciona máis o ‘boca a boca’.

A clave para seguir traballando é que ao público lle guste, que os videoclips teñan impacto e sexan recordados, porque iso é o que busca a banda. O videoclip é unha ferramenta promocional, faise con esa intención, e quizais os premios si contribúan a esa promoción.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Un ataque de tose dunha condutora faille perder o control e chocar contra outro coche en Lugo

Unha colisión frontal entre dous vehículos, rexistrada nas últimas horas na cidade de Lugo, saldouse cos...

Fiscalía retira a súa acusación contra unha dirixente de Resistencia Galega e rebaixa a 1 ano e medio a súa petición para outro

A Fiscalía da Audiencia Nacional retirou este martes a acusación contra a dirixente de Resistencia Galega...

BNG esixe a Xunta que cubra a praza de médico do consultorio en Doiras, Concello de Cervantes

O BNG esixiu á Xunta que "deixe de mentir" aos veciños da parroquia de...

O PP de Lugo di que as obras no centro histórico “dificultarán o acceso de vehículos”

O PP de Lugo presentou este mércores unha batería de propostas para favorecer a...