InicioMedioambiente e PatrimonioPiden investigar as queimas da Xunta e da UME por derivar en...

Piden investigar as queimas da Xunta e da UME por derivar en incendios como o da Fonsagrada

A plataforma 'Por un monte galego con futuro' insta ás administracións a buscar alternativas que non poñan en perigo zonas con protección especial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma ‘Por un Monte Galego con Futuro’ solicitou á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo que abra unha investigación para esclarecer os incendios forestais que ao longo dos últimos meses afectaron a áreas da xeografía galega baixo protección especial, como as zonas de Rede Natura 2000 ou as Reservas da Biosfera.

Nun comunicado, o colectivo, integrado por unhas 50 entidades, cualifica de “especialmente preocupante” os episodios de queimas producidas nestas áreas de “incalculable valor”, algunhas das cales atribúe a “institucións públicas” como a Consellería do Medio Rural e a Unidade Militar de Emerxencias (UME) que, din, “nalgúns casos” derivaron en incendios forestais.

Como exemplo disto sinalan o incendio rexistrado o pasado 6 de abril en Hórreos, unha parroquia do municipio lugués de Folgoso do Courel ou o ocorrido un día máis tarde, o 7 de abril, en Pacios  (A Fonsagrada).

Segundo esta plataforma, no primeiro dos casos sinalados ardeu unha “superficie considerable” dunha área Rede Natura 2000 e no segundo, o lume iniciouse por “unha queima realizada por Medio Rural e a UME” e afectou o Monte Muradal, situado na Reserva da Biosfera de Oscos-Fonsagrada-Terras de Burón.

Neste sentido, ‘Por un Monte Galego con Futuro’ denuncia que estas queimas “afectan gravemente ao normal desenvolvemento da bioloxía dos animais” pois as que se realizan nesta época do ano coinciden co proceso de apareamento e cría.

OUTRAS VÍAS

Ademais, advirte da “grave incidencia” destas prácticas “nos ecosistemas, a biodiversidade, a erosión, a contaminación atmosférica, a saúde humana ou o cambio climático”, polo que instan ás administracións a optar por alternativas á realización de queimas que constitúen prácticas “máis seguras e respectuosas co medio”.

Así as cousas, a plataforma demanda á Xunta que aposte por estas fórmulas alternativas cando as condicións (climáticas, localización e época do ano) desaconsellen recorrer a queimas que, segundo remarcan, produciron incendios ao longo dos últimos anos cun “forte gasto de diñeiro público” para a súa extinción, ademais do consecuente perigo para a poboación e impacto ambiental.

CONCESIÓN DE PERMISOS

Outro dos aspectos que o colectivo pide ao Ministerio Público que investigue é a concesión de permisos para a realización de queimas durante finais de marzo e principio de abril en zonas que presentaban alto risco de incendio.

De feito, lembra que en comunidades como Asturias e Cantabria a realización destas prácticas estivo prohibida durante esas datas, polo que a plataforma entende que “a falta de coidado e previsión manifestamente recorrente” que, di, ten a Xunta respecto da autorización de queimas “podería ser constitutiva dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...