InicioComarca de MeiraMeiraO cribado de Meira destapa catro positivos entre case 400 participantes

O cribado de Meira destapa catro positivos entre case 400 participantes

Fixéronse probas a 385 persoas de entre 20 e 70 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O Sergas informou de que o cribado realizado a pasada fin de semana en Meira, un dos tres municipios da provincia que permanece no nivel medio de restricións, permitiu detectar catro novos casos positivos.

En declaracións aos medios de comunicación, o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, precisou que foran convocadas a ese cribado problacional unhas 400 persoas, con idades comprendidas entre 20 e 70 anos, para conseguir unha mostra representativa da incidencia do virus na poboación de Meira.

Finalmente, foron sometidos ás correspondentes probas un total de 385 habitantes do municipio, co resultado de catro positivos por covid-19.

O cribado foi realizado o sábado no polideportivo municipal, e ao ser detectados eses catro casos positivos, o domingo -18 de abril- comezou xa a enquisa epidemiolóxica para identificar os contactos das persoas contaxiadas e sometelos ás correspondentes probas.

Ares precisou que ese é o obxectivo dos cribados masivos que está a realizar o Sergas, detectar casos asintomáticos que, sen sabelo, están a contribuír á propagación do virus.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...