Home Comarca de Meira Meira O Sergas fará este sábado un cribado a unhas 400 persoas de Meira

O Sergas fará este sábado un cribado a unhas 400 persoas de Meira

0
O Sergas fará este sábado un cribado a unhas 400 persoas de Meira
Sanitaria realiza unha PCR. JCCM

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará na mañá deste sábado 17 de abril un cribado con probas PCR a unhas 400 persoas do concello de Meira con idades comprendidas entre os 20 e os 70 anos.

As persoas citadas xa recibiron un SMS coa hora aproximada na que se lles tomará a mostra no polideportivo municipal. O Sergas lembra que este tipo de cribados efectúanse sobre poboación asintomática para detectar posibles positivos ocultos e cortar así a transmisión do virus.

O municipio de Meira subiu ao nivel medio de restricións na última reunión do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia. Segundo información ofrecida polo Sergas, a incidencia acumulada a 14 días é superior a 250 casos por 100.000 habitantes.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here