InicioSociedadeRastrexan a estudantes de Lugo tras detectarse un gromo con quince mozos...

Rastrexan a estudantes de Lugo tras detectarse un gromo con quince mozos contaxiados

Os contaxios puideron producirse nas xuntanzas realizadas durante a Semana Santa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) está moi pendente da evolución dun gromo detectado esta semana na cidade de Lugo que afecta de momento a uns quince mozos, a maioría con idades ao redor dos vinte anos. Xa se están a realizar os correspondentes rastrexos e cribados para tratar de cortar as cadeas de transmisión canto antes.

Barállase a posibilidade, informaron á prensa, de que estes contaxios estean relacionados, precisamente, coas reunións de estudantes que se produciron durante a Semana Santa, e por iso é polo que nos últimos días as autoridades sanitarias centraron o seu esforzo en definir “a trazabilidade deses casos, precisamente para impedir que vaian a máis”.

Confirmouno o xerente da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, quen aclarou que a maioría dos infectados son persoas moi novas, “duns vinte anos”.

Ares non ocultou que esta situación preocupa ás autoridades sanitarias, por temor a novas cadeas de contaxio que poidan contribuír a expandir o coronavirus.  Aínda que “son poucos casos”, Ares fixo un chamamento “a non baixar a garda” e a manter as medidas de prevención xa coñecidas fronte ao Covid-19.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...