InicioSociedadeDe Portomarín ao Vicedo, e volta: dous concellos unidos por cadansúa campá

De Portomarín ao Vicedo, e volta: dous concellos unidos por cadansúa campá

Todo aquel que toque unha das dúas campás deberá visitar o munipio irmán. Esta orixinal iniciativa pretende así fomentar o turismo entre o interior e a costa

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Os municipios de Portomarín e O Vicedo, un na costa e outro no interior de Lugo, decidiron unir os seus destinos coa colocación en cada un deles dunha campá, ambas procedentes de barcos pesqueiros, acompañada dunha placa na que se advirte aos visitantes de que se se deciden a tocala, estarán obrigados a visitar o concello irmán.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistía este mércores á colocación dunha campaña no Fuciño do Porco, un dos lugares máis belos da xeografía litoral da provincia de Lugo, no municipio do Vicedo.

En realidade, a colocación desa campá formaba parte da iniciativa de promoción turística impulsada polos concellos do Vicedo e Portomarín, a iniciativa dos seus respectivos alcaldes, Jesús Novo e Juan Serrano.

Arias destacou o feito de que ambos os municipios se puxesen de acordo para impulsar “esta singular iniciativa, porque vai contribuír a incentivar o “tránsito de visitantes entre dous municipios, entre o interior e A Mariña”.

IDEAS ORIXINAIS

Ás veces, lembrou, “as ideas aparentemente sinxelas son capaces de provocar movementos inesperados pola súa dimensión; estamos a ver exemplos todos os días. Oxalá que esta colaboración se faga viral e esperte a curiosidade de moita xente”. “É unha boa idea. Unha forma distinta de chamar a atención dos potenciais visitantes” sobre “a impresionante paisaxe e os recursos naturais dunha provincia que o ten case todo para converterse nun destino turístico de primeira orde”, engadiu.

“Non sempre é necesario gastar centos de miles de euros para conseguir resultados sorprendentemente satisfactorios. Espero que esta colaboración entre O Vicedo e Portomarín se convirta nun exemplo do que todos podamos presumir dentro dun tempo”, engadiu.

De feito, mostrouse convencido de que as miles de persoas que visitan o Fuciño do Porco ou a multitude de peregrinos que pasan cada ano por Portomarín sentirán “canto menos curiosidade” por “coñecer o outro extremo deste novo roteiro que acaba de nacer”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...