InicioSociedadeLugo suma 11 novos positivos e mantén estable a presión hospitalaria

Lugo suma 11 novos positivos e mantén estable a presión hospitalaria

Os casos activos pegan unha lixeira baixada ata os 158.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo, 11 de abril, unha lixeira baixada nos casos activos, que descenden en dous para quedar nun total de 158 pacientes con coronavirus, posto que as altas superaron os novos casos diagnosticados na provincia. Nas últimas 24 horas confirmáronse 11 novos positivos a través de PCR, segundo os datos que ofrece este domingo a Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado

Pola súa banda, a situación nos hospitais non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, a área de Lugo-A Mariña-Monforte mantense con catro pacientes en planta e tres en coidados intensivos, igual ca onte. Todas estas persoas están a ser atendidas no Hula.

GALICIA

No conxunto de Galicia, sete días despois do final da Semana Santa, a presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 repunta con cinco pacientes máis, ata o total de 172 persoas ingresadas. Isto prodúcese na terceira xornada consecutiva na que subiron, aínda que lixeiramente, a cifra de casos activos da enfermidade, que se sitúan nos 2.305. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...