InicioMedioambiente e PatrimonioExtinguido o incendio forestal de Navia de Suarna tras queimar unhas 20...

Extinguido o incendio forestal de Navia de Suarna tras queimar unhas 20 hectáreas

O lume orixinouse no lugar de Queizán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio forestal declarado na tarde deste pasado mércores no municipio de Navia de Suarna quedou extinguido na madrugada deste xoves tras queimar unhas 18,5 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 16,16 horas deste pasado mércores na parroquia de Queizán e quedou extinguido ás 2,20 horas deste xoves. As últimas estimacións apuntadas por Medio Rural sitúan a superficie afectada en 18,5 hectáreas, delas 16 de monte raso e 2,5 de arboledo.

Na extinción deste incendio participaron un técnico, catro axentes, nove brigadas, catro motobombas e catro helicópteros.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...