InicioSociedadeSoben os novos casos e as hospitalizacións con covid na provincia de...

Soben os novos casos e as hospitalizacións con covid na provincia de Lugo

Hai un paciente máis en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados nos hospitais galegos por covid-19 aumentaron este venres ata os 212 –9 máis–, dos que 30 permanecen en UCI –dous máis– e 182 noutras unidades. O incremento de hospitalizados prodúcese nunha xornada na que ascenden lixeiramente os novos casos detectados, ata os 154, segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade.

Na áea de Lugo hai dous pacientes en UCI –sen cambios– e 11 noutras unidades –un máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

De acordo con estes datos, os casos activos en Galicia sitúanse en 2.306, 34 menos que un día antes. En canto ás áreas sanitarias, con estes publicados este venres pola Consellería de Sanidade coas cifras actualizadas ás 18,00 horas do día 1, Lugo é a quinta área sanitaria en casos activos, con 162, ao descender en sete.

NOVOS CONTAXIOS

Con todo, dos novos contaxios, 139 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que 14 son da área Lugo.

No relativo á taxa de positividad mantense nun 1,9%, de forma que continua por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

O BNG reclama ao Goberno central apoio ao Museo da Romanización en Lugo e a inclusión do Cuartel de San Fernando no 2% Cultural

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...