InicioSociedadeLugo rexistra nove novos casos de covid nas últimas 24 horas

Lugo rexistra nove novos casos de covid nas últimas 24 horas

Non hai cambios en canto aos pacientes hospitalizados e nas UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 rexistraron un descenso en Galicia, ata os 2.340, mentres repuntan os novos contaxios, 138 máis que a xornada anterior, segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade. Por outra banda, aumentan lixeiramente os pacientes ingresados, un total de 199, dos que 28 están en UCI –dous menos– e 171 noutras unidades, catro máis.

Segundo os datos actualizados este xoves, os casos activos de Covid en Galicia descenden lixeiramente, ao pasar de 2.354 a 2.340 –14 menos–, cun incremento dos curados (152 máis), aínda que tamén cun aumento dos contaxios (138 máis). En canto ás áreas sanitarias, Lugo ten 169 casos activos e hai dous pacientes en UCI –sen cambios– e 10 noutras unidades –tamén sen cambios–.

NOVOS CONTAXIOS

Dos novos contaxios, 120 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos que nove corresponden a área de Lugo.

BAIXA A TAXA DE POSITIVIDADE

No relativo á taxa de positividade baixou a un 1,5 tras haber repuntado a un 3 por cento polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...