InicioSociedadeO Parlamento de Galicia pide manter a sala do 091 en Lugo

O Parlamento de Galicia pide manter a sala do 091 en Lugo

PPdeG e BNG apoian unha iniciativa dos 'populares' para pedir á Xunta que lle solicite ao goberno o mantemento destas instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha iniciativa do PPdeG para instar á Xunta a reclamar ao Goberno o mantemento das salas do 091 da Policía Nacional de Lugo e Ourense e a aumentar os medios humanos e materiais destas comisarías provinciais.

No marco da Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, a deputada ‘popular’ Noelia Pérez defendeu esta proposición non de lei, que foi apoiada polo BNG e ante a que o PSdeG se abstivo, e remarcou a importancia de que este servizo se preste desde un modo próximo á cidadanía, xa que “contribúe ao benestar e a calidade de vida das persoas”.

Nesta liña, lamentou que se vaian a eliminar as salas do 091 de Lugo e Ourense “en pleno Ano Santo” e durante unha pandemia, unha medida tomada en base a “criterios económicos”, que se antepoñen “á seguridade de veciños, turistas e peregrinos”, e que representa “un novo agravio do Goberno central” á comunidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...