InicioSucesosAparece morto en Castroverde un home dependente que vivía só

Aparece morto en Castroverde un home dependente que vivía só

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Becerreá descubriu o corpo dun home de mediana idade que padecía un trastorno psicolóxico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Becerreá atoparon morto no seu domicilio de Castroverde a un home dependente de mediana idade. Os axentes foron requiridos polo aviso dun veciño na tarde deste domingo, e logo de tirar a porta abaixo, atoparon o corpo sen vida.

O defunto amosaba signos de avanzado estado de descomposición, polo que calcúlase que levaba días morto na vivenda. Eduardo P., de 54 anos, vivía só, e segundo recolleu GaliciaConfidencial, tiña un trastorno psicolóxico, amais de varias afectacións físicas.

A misa polo defunto celebrarase na tarde deste luns, ás 19.00 horas, na capela do Tanatorio Marzo de Castroverde. Seguidamente recibirá sepultura no camposanto da localidade lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...