InicioCulturaTriángulo de Amor Bizarro pon a nota musical este mércores na cidade...

Triángulo de Amor Bizarro pon a nota musical este mércores na cidade de Lugo

O grupo presentará o seu último álbum nun concerto no auditorio Gustavo Freire, ao abeiro do programa Lugo Cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo de música galego Triángulo de Amor Bizarro presenta este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo. o seu último traballo. Será no marco do programa Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

O quinto álbum de Triángulo de Amor Bizarro, “o primeiro disco de pop contemporáneo da formación”, tal e como o definen os membros do grupo, é un traballo musical no que os integrantes desta formación intentan transmitir as súas emocións actuais, transformadas e distorsionadas a través da tecnoloxía.

O último disco de Triángulo de Amor Bizarro, un dos grupos da escena indepedendente iberoamericana máis respectados e reivindicados na última década, é unha nova produción de Carlos Fernández na que se recollen todas as virtudes dunha formación que aspira a comezar un novo camiño a partir deste álbum.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...