InicioPolíticaO PP coloca unha pancarta no auditorio de Magoi para esixir a...

O PP coloca unha pancarta no auditorio de Magoi para esixir a súa apertura

No cartel pode verse unha fotografía de Lara Méndez e Rubén Arroxo, ademais da frase "Auditorio para cando?".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE |  O grupo do Partido Popular no Concello de Lugo protagonizou este martes un “novo acto simbólico” para esixir a apertura do novo auditorio de Lugo, unha infraestrutura cuxa obra civil está terminada desde fai máis de catro anos e en cuxa construción a Xunta investiu máis de vinte millóns de euros.

Oito edís do grupo municipal co seu portavoz, Ramón Carballo, desprazáronse esta mañá ata a Rolda de Magoi, onde foi construído o novo auditorio da cidade, para colocar unha pancarta reivindicativa nesta infraestrutura.

Na pancarta pode verse unha fotografía da aperta de mans entre a alcaldesa, Lara Méndez (PsdeG), e o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo (BNG), despois de selar o acordo para gobernar en coalición, acompañado da pregunta “Auditorio para cando?”, así como do hashtag #AbrideoAuditorioXa.

En declaracións aos medios de comunicación, Carballo criticou “as desculpas coas que o bigoberno xustifica” que o auditorio siga pechado, porque “non é crible que digan que recibiron un edificio que non está en condicións”, nin tampouco aceptable “a última ocorrencia na que se escudan”, ao afirmar que “ten o mesmo aforo” que o vello auditorio Gustavo Freire” e que “non compensa abrilo mentres os aforos estean limitados”.

O portavoz do PP lembrou que pasaron ” 271 días desde que recibiron as chaves do edificio de mans da Xunta”, polo que “é propiedade” do Concello de Lugo desde “hai 9 meses”. “É un desastre absoluto a situación na que se atopa este edificio, noutro momento tan demandado polos partidos políticos” e polo cal “os lucenses levan máis de 15 anos esperando”. Son instalacións, precisou, que se están deteriorando “co paso do tempo, por falta de uso e de mantemento”, dado que a obra civil está terminada “desde fai catro anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...