InicioSociedadeBaixada de casos activos na área de Lugo, onde só se detectou...

Baixada de casos activos na área de Lugo, onde só se detectou un novo positivo

Os hospitais da provincia acollen 11 pacientes de Covid-19 en planta e outros 3 na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 22 de marzo un total de 193 casos activos de coronavirus, cinco menos ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas só se confirmou un positivo novo mediante PCR.

Mellora tamén aos poucos a situación nos hospitais, onde permanecen ingresadas 14 persoas co virus. Delas, 11 están en planta (9 no Hula e 2 na Mariña) e outras 3 na Uci. O Hospital de Monforte queda libre de pacientes con Covid-19.

Dende o inicio da pandemia, o Sergas informou de 211 falecementos na provincia, 11.548 persoas curadas e 200.552 probas PCR realizadas.

GALICIA

Á súa vez, Galiica comeza esta semana cunha lixeira baixada dos pacientes Covid hospitalizados, que se sitúan en 264, dous menos que a xornada anterior, mentres que os casos activos descenden a 2.481, polo que se manteñen en cifras similares ás de agosto. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O pleno da Deputación esixe á Xunta rectificar a reforma da residencia das Gándaras

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes esixir á Xunta que rectifique...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

O PP denuncia diante da Garda Civil o ataque contra o busto de Fraga en Vilalba

O PP de Vilalba formalizou ante a Garda Civil denuncia polo ataque que sufriu...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...