Home Bierzo Fala Ceibe pide que se recoñeza a oficialidade do galego no Estatuto de Castela e León

Fala Ceibe pide que se recoñeza a oficialidade do galego no Estatuto de Castela e León

1
Fala Ceibe pide que se recoñeza a oficialidade do galego no Estatuto de Castela e León
Sinal no Bierzo no que se reclama a galeguidade dos topónimos e o uso do galego / Fala Ceibe

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo pedirá aos partidos políticos con representación nas Cortes de Castela e León que se reforme o Estatuto de Autonomía de Castela e León para que se recoñeza no seu articulado a oficialidade do idioma galego.

Así, lembra que o Pleno do Congreso dos deputados de Madrid aprobou o pasado xoves 11 de marzo de 2021 unha Proposición non de Lei sobre a realidade plurilingüe e maila igualdade lingüística. Esta Proposición non de Lei supón a protección legal das linguas minoriatarias do Estado, caso do idioma galego do Bierzo. Tamén insta a reformar o Estatuto de Autonomía de Castela e León con obxecto de conceder a oficialidade para o galego do Bierzo.

Fala Ceibe do Bierzo tamén pedirá que se presente unha Proposición non de lei, ante o Parlamento Galego, para que se encomende a declaración de oficilidade do idioma galego polas Cortes de Castela e León no Estatuto de Autonomía de Castela e León. “Para acadar isto remesaremos esta proposta lingüística a todos os partidos políticos con representación política no Parlamento Galego”, apunta nun comunicado.

Lembra tamén que ese futuro recoñemento de oficialidade do galego afectará indirectamente á Lei da Comarca do Bierzo (1991 e 2010). Esta Lei autonómica xa recoñece o galego no seu articulado.

+ posts

1 COMENTARIO

  1. Alguém tem duvida que os partidos reacionários espanhóis sempre que podam procuram o etnocídio cultural e social de todo o que lhes soe a galego. De Espanha para os galegos só tenhem emigraçom, desprezo, e quando podem humilhaçom-

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here