InicioSociedadeDimite o concelleiro de Urbanismo de Lugo

Dimite o concelleiro de Urbanismo de Lugo

Abandona alegando "motivos persoais". O PP di que se trata de "diferencias" coa alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou este venres de que Miguel Couto Alonso presentou na pasada xornada a súa renuncia como concelleira da Corporación municipal. O comunicado remitido polo Consistorio esgrime que o ata agora responsable de Urbanismo Sostible deixa o seu cargo por motivos persoais.

A súa renuncia farase efectiva no próximo pleno ordinario, que se celebrará o xoves 25 de marzo. A área de Couto estivera no foco no ámbito local polas dificultades para o nomeamento da xefatura de servizo de arquitectura.

Couto Alonso formaba parte do equipo de goberno de Lara Méndez desde principios de mandato.

“DIFERENCIAS COA ALCALDESA”

O PP emitiu un comunicado, tras coñecer a dimisión do ata agora edil de Urbanismo Sostible en Lugo, Miguel Couto, que “era visto” que ía suceder, e afirmou que tras os “motivos persoais” que se alegan o que se esconden son as súas “diferencias” coa alcaldesa, Lara Méndez, “froito da guerrilla entre os de Besteiro e os de Caballero”.

Os populares explican que nesta dimisión “tamén ten que ver a política personalista que leva a cabo a rexedora”. “Esta crise interna xa se vía vir desde o momento no que Lara Méndez puenteou e desautorizou ao concelleiro co nomeamento dun xefe de área que non era o que seleccionara o edil”, esgrimen.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...