InicioSociedadeAumentan os contaxios na provincia de Lugo

Aumentan os contaxios na provincia de Lugo

Hai 19 persoas ingresadas, catro deles en coidados intensivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia experimentou un novo alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 252 os pacientes covid ingresados, o que implica 19 menos que a xornada anterior, e tamén caen os casos activos ata os 2.575 –situándose a nivel de finais de agosto–. Con todo, no arranque desta ponte de San Xosé, os novos contaxios computados nas últimas horas a través de distintas probas soben a 188, a cifra máis alta nunha semana e, deles, 172 foron detectados por PCR.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, 55 pacientes covid permanecen en UCI –dúas menos– e 197 noutras unidades de hospitalización –17 menos–.

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 210, cinco máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres 19 de marzo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse 25 positivos novos por PCR.

Dos 210 contaxiados, 19 permanecen ingresados (catro deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 15 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (nove), o centro hospitalario de Monforte (tres), o Hospital Público da Mariña (dous) e o Polusa (un).

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.504 altas e 11.930 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 199.254 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 687 probas.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

O BNG reclama ao Goberno central apoio ao Museo da Romanización en Lugo e a inclusión do Cuartel de San Fernando no 2% Cultural

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...