InicioCulturaO novo auditorio de Lugo levará o nome de Fuxan os Ventos

O novo auditorio de Lugo levará o nome de Fuxan os Ventos

"É un recoñecemento da cidade a un grupo que fixo tanto pola nosa lingua e cultura", explicou Maite Ferreiro. O PP critica que esta decisión non fose consensuada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O auditorio de Magoi, na cidade de Lugo, que aínda permanece pechado, levará previsiblemente o nome do grupo musical Fuxan os ventos.

Así o anunciou esta mañá a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, quen explicou que Fuxan Os Ventos “é un dos grupos musicais galegos máis importantes” das últimas décadas. “En 2022 cumpriranse cincuenta anos desde a súa formación, en 1972”, lembrou.

“É un grupo que fixo moito pola nosa lingua e pola nosa cultura, por dar a coñecer a autores, poetas e poemas galegos. Levou o orgullo da nosa lingua a moita xente nova que naquel momento comezaba a rexurdir no idioma despois dunha época escura”, dixo Ferreiro. Trátase, por tanto, “dun recoñecemento da cidade de Lugo a un grupo fixo tanto pola nosa cultura, polo noso idioma e polo noso país”.

Así mesmo, lembrou que desde a área de Cultura do Concello de Lugo quíxose “lembrar esta data, dándolle tamén ao auditorio un significado especial, de apoio ás agrupacións culturais galegas e lucenses”.

O PP PIDE CONSENSO

Pola súa banda, o voceiro do grupo municipal do PP, Ramón Carballo, afeou que se “bautizara” o auditorio “sen consenso”. Para os populares, o nome dunha infraestrutura coma esta debería acordarse nunha xunta de voceiros ou no órgano que estime oportuno o goberno local. “Por ética e para non danar a imaxe de ningún posible candidato e candidata a bautizar o edificio debería de debaterse de xeito interno e unicamente desvelarse o nome elixido por unanimidade de todos os grupos”, afirmou.

Dende o Partido Popular avogan por escoller un nome de muller, xa que “son moitas as mulleres lucenses que destacaron na cultura galega e nacional”, propoñen.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...