InicioSociedadeCórtase a tendencia á alza en Lugo, que volve experimentar unha baixada...

Córtase a tendencia á alza en Lugo, que volve experimentar unha baixada de casos activos

Novo descenso no número de hospitalizacións na provincia, ao pasar das 23 de onte ás 20 deste xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas informa este xoves 18 de xaneiro dun total de 205 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, cinco menos ca os que notificaba na xornada de onte. Fréase, así, a tendencia á alza que sufrira a provincia nos dous últimos días. Ademais, o número de novos positivos detectados a través de PCR nas últimas 24 horas é de 8.

Do mesmo xeitos, os hospitais tamén minguan a súa presión asistencial, con 20 persoas hospitalizadas con Covid-19 (tres menos): 15 delas están en unidades de hospitalización (9 no Hula, 2 na Mariña, outras 3 en Monforte, 1 no Polusa) e 5 nas unidades de críticos.

Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 210 persoas que foran diagnosticadas co virus, curáronse 11.485 e realizáronse 198.567 probas PCR.

GALICIA

Pola súa parte, Galicia tamén experimentou un novo alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 271 os pacientes Covid ingresados, o que implica 22 menos que a xornada anterior, e unha caída dos casos activos ata os 2.586 ás portas da ponte de San Xosé, no que a Comunidade galega seguirá con peche perimetral. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...