InicioEconomíaOs hostaleiros celebran poder abrir ata as 21:00h, pero piden que se...

Os hostaleiros celebran poder abrir ata as 21:00h, pero piden que se atrase o toque de queda

O presidente da Apehl, Cheché Real, lembrou que "a esta mesa fáltalle unha pata" porque os restaurantes seguen sen poder dar ceas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, valorou que se permita a apertura dos locais ata as 21:00 horas, pero lembrou que “a esta mesa fáltalle unha pata”, porque os restaurantes non poden ofrecer ceas, co que están a perder unha parte moi importante da súa facturación.

En declaracións a EFE, Real afirmou que “toda apertura”, tanto a ampliación de horarios como “aumentar a porcentaxe de aforo” dos establecementos, “benvida sexa”, porque supón que os establecementos de hostalería dispoñen dunha maior capacidade “para traballar”.

Real¡ insiste na necesidade de que se amplíe o toque de queda ata as 23:00 horas e que se permita a apertura dos restaurantes ata esa hora. En todo caso, se o toque de queda se mantén ata as 22:00 horas, precisou que sempre existe a posibilidade de que se lle permita regresar a casa aos cidadáns ás 23:00 horas se presentan unha factura que demostre que estiveron ceando nun restaurante.

Ao seu xuízo, os datos en relación coa evolución da pandemia seguen sendo “moi bos”, polo que non ve motivos para que non se poida adoptar esta medida de alivio.  Lembrou que moitos restaurantes “cando máis traballan é pola noite, especialmente durante as fins de semana”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...