InicioSociedadeOs casos activos seguen minguando en Lugo, aínda que de maneira máis...

Os casos activos seguen minguando en Lugo, aínda que de maneira máis paulatina

Os hospitais da provincia rexistran 24 pacientes ingresados, seis deles na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas informa dun novo descenso de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Luog, aínda que non tan pronunciado como na xornada anterior. Así, este xoves 11 de marzo rexístranse 236 pacientes con infección activa (8 menos). Nas últimas 24 horas confirmáronse 17 novos positivos.

Os hospitais continúan perdendo presión asistencial: hoxe hai 24 persoas ingresadas (-2). Delas, 18 están en planta (12 no Hula, 2 na Mariña e 4 en Monforte) e outras 6 permanecen nas unidades de críticos.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 210 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.376 e realizáronse 193.322 probas PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...