InicioSociedadeCinco detidos en Lugo por tenencia ilícita de armas tras ameazas nunha...

Cinco detidos en Lugo por tenencia ilícita de armas tras ameazas nunha rede social

A Policía Nacional incautou cinco armas de fogo e un fusil de asalto, ademais de cocaína

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coas persoas (UDEV), detiveron a catro homes, un menor de idade e unha muller dun clan de etnia xitana por tenencia ilícita de armas e ameazas. O operativo levouse a cabo no poboado de Mazoi, na contorna do polígono do Ceao.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación comezou por mor dunha denuncia por ameazas a través dunha rede social por parte de membros dun clan xitano, “onde se ameazaba de morte coas armas agora incautadas aos denunciantes”.

Por iso, a Policía iniciou unha investigación para comprobar a veracidade dos feitos e a posible tenencia das armas. Para iso informou o xulgado correspondente, que autorizou a entrada e rexistro para a incautación das armas e a detención dos autores do delito.

Cos datos achegados pola investigación e o requirimento ao xulgado, este martes estableceuse un dispositivo especial, coa participación dos Grupos de Policía Xudicial e Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial que, co apoio dos indicativos de Radiopatrullas, así como a intervención das Unidades Especiais da Xefatura Superior de Galicia; guías caninos, que foron os que marcaron a droga atopada; e o Grupo de Operacións Especiais (GOE), procederon á detención dos autores das ameazas e a tenencia ilícita de armas.

Durante o rexistro os axentes incautáronse de catro armas longas, tres escopetas de repetición do calibre 12 e un fusil de asalto tipo airsoft, concretou a Policía, que suma dúas pistolas semiautomáticas de calibre 22 unha e nove parabellum outra, así como munición para todas elas.

DOSE DE COCAÍNA

Xunto a iso os axentes interviñeron dous envoltorios dunha sustancia branca, supostamente cocaína, apunta a Policía Nacional, “que de ser distribuída podería dar unhas 50 doses”, xunto cunha balanza de precisión.

As mesmas fontes policiais puntualizaron que as armas achadas “estaban en perfecto estado para o seu uso” e estas persoas “tiñan a unha muller como persoa de palla para a licenza das armas de caza”. De todo iso a Policía Nacional elaborou o correspondente ateigado que será remitido este xoves á autoridade xudicial, xunto cos detidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...